BIOGRAFÍA

Henrique Rabuñal (Pastoriza, Arteixo, 1962)

Escritor e profesor. É doutor en filoloxía galega pola USC e catedrático de lingua e literatura galegas no IES “Agra do Orzán” da Coruña. Alén da súa obra individual colabora en 100 obras colectivas, sendo autor de máis de 500 escritos, case un cento de asunto teatral. Membro da AELG, colabora en diversos medios escritos, electrónicos e audiovisuais como Radio Coruña-SER, La Voz de GaliciaEl Ideal GallegoLa OpiniónCasahamletRaigame, Escrita contemporánea, Boletín da Real Academia Galega, Luzes ou Grial. Entre 2009 e 2011 publicou a columna “Vento de seda” no Xornal de Galicia e en xornal.com. Desde 2014 escribe un blog na web de Radio Coruña (http://www.radiocoruna.com/). Forma parte do Comité Organizador do Foro de Radio Coruña con Fernando González Laxe, Consuelo Bautista, Carmen Merelas e Marta Rey.

Pertenceu ao grupo de sociolingüística Iruinean Sortua liderado por Lluis V. Aracil, ao Consello Directivo da AGAL, ao Consello Directivo da AELG, foi redactor da revista Agália, director do programa de radio Quinta-Feira, coordinador do Certame de Narrativa “Manuel Murguía” e profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC.

É autor dos poemarios Paixom e morte dum condenado (1984), Poemas da luz e da loucura (1992), O tempo demorado nos marmelos (2000) e O cristal da sede (2006). Como narrador publicou Epistolário em catro tempos (1985), As Weissleiver (1987), A fariña das horas (1998) ou Ollos negros (2004). Como dramaturgo é autor de A noite das noites, (1985, Premio de Teatro Breve da EDG, estreada en 1988), Cousas de Ítaca (1988), Maternidade (1992), Do goberno bipartito á autovía funeral (estreada en 1992), Amlet, voz e verbo (1999), Mumias no país de Luzetro (2000), Monólogo do fillo triste (2002), O vento da morte (2004), O miradoiro (2005), Catástrofe (2006), Amor móbil (2007), Luscofusco (2008), Teatro incompleto (2009), Con Cunqueiro no Paraíso (2011) e O banco da xente (2012).

Como ensaísta publicou edicións de O marinheiro de F. Pessoa (1985), do Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1989) e de La primera luz de Murguía (2000) e os libros Textos e contextos do teatro galego (1994), Rafael Diestea franqueza e o mistério (1995), A Coruña na historia (1999), Manuel Murguia (1999), Manuel Martínez Murguía (1999), Manuel Murguía e Arteixo (2000) Jenaro Marinhas del Valle, a vida escura (2000), O Padre Sarmiento (2002), Palabra e patria (2005), Manuel Lugrís Freire (2006), Literatura galega (2007), Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle secreta (2008), Poemas coruñeses (2008), O teatro en Jenaro Marinhas del Valle (2009) e Escritos sobre teatro galego 2000-2012 (2012). Co prof. Gil Hernández estudou en 1989 O conceito de ‘diglos­sia’, se­gundo Ch. A. Ferguson. De 1991 é o seu ensaio Alexandre Bóvedabandeira da nosa redención. En 2005 Henrique Rabuñal coordina o volume Uxío Novoneyra. A emoción da terra. En 2009 edita con Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Pilar García Negro as Actas do Congreso Manuel Lugrís Freire (A Coruña: Universidade da Coruña). En 2010 colabora no libro Vivir na Coruña. Unha forma de habitar a cidade de Xurxo Lobato. Tamén escribiu varias entradas para a Enciclopedia Galega Universal.

Colaborou nas publicacións da AGAL Prontuário ortográfico galego (1985), Guia prático de verbos (1989) e Estudo crítico (1989). En 1993 publica con X. M. Fernández Costas tres libros: Luz Pozo Garza. Códice calixtinoX. L. Méndez Ferrín. Con pólvora e magnolias e Carlos Casares. Ilustrísima. No campo audiovisual é autor dos guións dos vídeos Renova Arteixo. Renova Galiza (1991), O Certame ‘Manuel Murguía’ (2002) e A Luz de Carlos (2002), este en homenaxe a C. Casares. En 1999 traballa na curtametraxe de animación Ignotus (Premio AGAPI 2001) dirixido por T. Conde e V. Curia. É o editor dos libros Relatos (1995), Airadas de palabras(1998), Tecendo panos (2000), Paisaxes con palabras (2001), De soños e memorias (2003) e Contos da Baiuca (2006). Con Filipe Senén fixo o DVD Um passeio con Jenaro Marinhas del Valle. A Corunha galeguista          (http://pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&id=1361:agal-lanca-dvd-com-o-roteiro-homenagem-a-jenaro-marinhas-del-valle&catid=23:agal-editora&Itemid=62). En 2008 traduce ao galego os materiais do Proxecto medioambiental Paisaxe elaborado polo Proxectoterra do COAG e a obra Social da Fundación “la Caixa” como o libro Paisaxe (Barcelona, 2008) supervisando lingüisticamente diversos materiais do proxecto (Antón de Soutolagoa descobre o seu mundoDescubrindo onde vivimosMovéndonos no territorio). Para a AELG (www.aelg.org) escribiu os textos O teatro galego (2008) e o Roteiro Un mundo que se chama A Coruña (2009).

Colaborou tamén en Luzes de Galiza, Cadernos da Escola Dramática Galega, Cadernos de Teatro, AgáliaNósCadernos do PovoO EnsinoA Nosa TerraEl Correo GallegoAnto (Amarante), O Correo GalegoRenovação, V Festival de Poesia no Condado, OlláparoEl Mundo, Çopyright, Enclave, Bravú, Nova Renascença, Bolboreta, Guía dos Libros NovosRevista galega de teatro, Anuario galego de estudos teatraisMadrygal e no servidor de internet e no teletexto da CRTVG.

Colaborou nas obras colectivas Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Gali­za (1986), Homenagem ao professor Carvalho Calero (1987), O fenomeno literario nos países lusofonos (1987), Actas del I Congreso de la Asociación Hispánica de Literatura Medie­val (1988), Fogo cruzado (1989), Muralla de Crescórnio (1989), Actas do II Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Gali­za (1989), Matria da palavra (1990), Actas do III Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1992), A lingua portuguesa no mundo (1993), Atas do II Congresso Internacional de Literaturas Lusófonas (1994), Actas do IV Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1996), Novo do trinque (1997), Volver a Murguía (1998), Homenaxe a Eduardo Blanco Amor 1998 (1998), Manuel Murguía. Instantes dunha vida (2000), Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (2000), Congreso sobre Manuel Murguía (2001), Diálogos na Casa de Rosalía (2002), Crítica e autores II(2002), Negra sombra (2003), Alma de beiramar (2003), Botella ao mar (2003), Sempre mar. Cultura contra a burla negra (2003), Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo (2003), Coloquio-Homenaxe Xosé Lois García (2006), 37 poemas por man propia (2006), Art Natura. Pola defensa do medio natural galego (2007), No país da irmandade (2007), A Coruña á luz das letras (2008), Actas do Congresso Jenaro Marinhas del Valle (2009), Presença de Jenaro Marinhas del Valle (2009), Ditos sobre o libro e a lectura (2009), Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009), Manuel María: literatura e nación (2009), Feijóo, o galego e nós (2010), Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación (2011), Roberto Vidal Bolaño (BRAG, 374, 2013), 150 cantares para Rosalía de Castro (2015), Versos&Formas (2016), El teatro gallego y el exilio republicano de 1939 (2015), As Irmandades da Fala (1916-1931). Reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX (2016), Os aforismos do riso futurista (2017), Manuel María, libro colectivo de homenaxe no seu Día das Letras Galegas (2017) ou Repensar Galicia: As Irmandades da Fala (2017).

Unha parte da súa actividade está ligada ao seu concello natal, o de Arteixo, cuxa biblioteca central leva o nome de Henrique Rabuñal desde 2009.

O Concello da Coruña incorpora os seus textos “MURMURIO DA VIDA EN SANTA CATALINA” e “O ADRO DOS SILENCIOS” ás reformadas Prazas de Santa Catalina (2009) e de Santo Domingo (2010) por encargo do concelleiro de rehabilitación urbana e vivenda Mario López Rico.